As pezas que compoñen a TURBINA son as persoas que participan dela e das súas actividades pero xuntas forman cada un dos mecanismos que se artellan:
UT·Tópico Teatro é a compañía teatral da asociación. É a causa primeira da posta en marcha da máquina e dela xorde o empuxe inicial do proxecto. Actualmente ten en distribución dous espectáculos: Baile de sombras e Faust·Box; e está en fase de preparación a última parte da triloxía Caixa: Ulrike desafinada.
Obradoiro P-13. É a continuación dun obradoiro para adolescentes (P-12) que se desenvolveu no concello da Pobra do Caramiñal durante o ano 2012. Desa actividade xurdiu un produto chamado Retrato con muller ó fondo e estableceuse un grupo de traballo con rapazas da vila que traballan na procura dun método de creación dramática propio.
Obradoiro infantil. En outubro de 2012 iniciáronse sesións de formación teatral para nenas e nenos en colaboración co concello da Pobra do Caramiñal. Tódalas semanas vanse introducindo ós rapaces en novos conceptos e actividades formativas que teñen como finalidade esperta-la súa creatividade e capacidade expresiva.