Fran Godón é o director de UT·Tópico Teatro tras dirixir Teatro no Aramio nos últimos catro anos e ser iniciador do TIT. Licenciado en varias filoloxías pola USC, gradúase como Especialista en Arte Dramática na mesma universidade e comeza a interesarse de maneira cada vez máis activa pola interpretación sendo seleccionado no ano 2003 para participar na montaxe de Hamlet da Aula de Teatro da USC. No 2004 entra a formar parte do elenco da obra O asasino sorrinte de Teatro no Aramio coa que gañan o 2º premio do certame NaVangarda e coa que se estabiliza o grupo de traballo da compañía. Traballa como intérprete nesta e noutras compañías. Comeza a interesarse pola creación escenográfica e a iluminación e realizará deseños para TNA e outras compañías. Fran compaxina estas actividades con traballos variados ata que comeza a exercer como docente de lingua e literatura galega, a súa profesión actual. No 2007 decide dar luz ó seu primeiro traballo de dirección: A última balada, adaptación dun poemario de Oscar Wilde, que se estrea no Salón Teatro de Santiago de Compostela en maio dese ano. Nel pretende poñer en práctica un traballo de produción creativa que foi trazando a través das súas propias experiencias, formación, lecturas, etc…
Tras un ano 2008 no que se centrou máis
na aprendizaxe e creación en soporte audiovisual, no 2009 decide volver dirixir
e elixe para facelo un texto propio sobre o que configurar un grupo de traballo
totalmente renovado: Memoria de Ut. A
partir de aí é responsable (director e autor) de toda a actividade de TNA (Divertimento, Cinza, formación), do TIT e de UT·Tópico Teatro (Baile de Sombras e os proxectos actuais:
Faust·Box e Ulrike desafinada) ata a actualidade.
Manu Lestón chega a Teatro no Aramio no ano 2009. Daquela está a remata-los estudos
de enfermaría na Universidade de Santiago de Compostela e entra na compañía coa
intención de comezar a facer interpretación dentro da dinámica do teatro
universitario. Participa na montaxe de Memoria de Ut, tendo moi boa
acollida o seu traballo. Pouco despois pasa a ser parte do grupo inicial do
TIT. Tras un parón por motivos profesionais a finais do ano 2010 retoma a
actividade dentro da compañía traballando como actriz en Baile de sombras e sendo
partícipe da conseguinte aparición de UT·Tópico Teatro. Parte activa do
proxecto dende entón traballa actualmente como actriz na montaxe de Ulrike
desafinada.
Noelia Iglesias é licenciada en filoloxía Hispánica e bolseira de terceiro ciclo na
Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do grupo de estudo de
Calderón de la Barca e actualmente está a traballar na súa tese doutoral sobre
unha obra deste autor. Ó igual que Manu chega ó Aramio para Memoria
de Ut participando dende entón activamente na compañía. Participa como
actriz na montaxe de Divertimento, tamén baixo a
dirección de Fran Godón e coincide, asemade, en ser compoñente inicial do TIT e
de UT·Tópico Teatro. Comparte escena con Manu en Baile de Sombras e asume cargo dentro da xunta directiva da compañía.
Fernando Veiga. É, despois de Fran, o membro máis veterano dos que hoxe
forman a compañía. Traballou como actor nas seguintes montaxes de Teatro no
Aramio: Os cans calaban (2006), A última balada (2007), Minifundiolandia
(2008) e Memoria de Ut (2009), recibindo por esta última o recoñecemento
a mellor actor na X Mostra de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela.
Non participou activamente nos seguintes traballos da compañía por motivos
profesionais e formativos que o levaron a vivir no estranxeiro durante ese
período. A pesar diso segue a ser membro activo da compañía e socio fundador da
asociación.
Marina Pérez é estudante do grao de Comunicación Audiovisual na USC. Únese ó grupo de traballo de Teatro no Aramio en canto chega á mesma e despois de ter cursado o bacharelato artístico. É parte do elenco de Divertimento, formando parte do proceso formativo levado a cabo para ese proxecto, e participa posteriormente nas sesións de traballo de Cinza. Complementa a súa evolución teatral e interpretativa coa práctica e os coñecementos que vai adquirindo a través dos seus estudos regrados e cos proxectos audiovisuais xurdidos dos mesmos. Tamén é socia da asociación dende o seu nacemento.
Marina Pérez é estudante do grao de Comunicación Audiovisual na USC. Únese ó grupo de traballo de Teatro no Aramio en canto chega á mesma e despois de ter cursado o bacharelato artístico. É parte do elenco de Divertimento, formando parte do proceso formativo levado a cabo para ese proxecto, e participa posteriormente nas sesións de traballo de Cinza. Complementa a súa evolución teatral e interpretativa coa práctica e os coñecementos que vai adquirindo a través dos seus estudos regrados e cos proxectos audiovisuais xurdidos dos mesmos. Tamén é socia da asociación dende o seu nacemento.